Franz Ferdinand chegará a "O Son do Camiño" con novo álbum: “Always Ascending”

Tras 5 anos, os de Glasgow presentaron o 9 de febreiro o seu quinto álbum de estudo.

Franz Ferdinand definiu o son de comezos de milenio a través de éxitos como o seu álbum debut: “10/10” e o seu sucesor “You Could Have It So Much Better”. Pero os que pensen que o mellor xa pasou, aínda non escoitaron o seu novo disco: “Always Ascending”.

Este traballo é o primeiro en ver a luz despois da reestruturación do pasado ano. O seu carismático guitarrista, Nick McCarthy, tómase un descanso para atender á súa familia. Doutra banda, chegan novos puntos de vista da man de Julian Corrie e Dino Bardot.

Estes cambios, sumados ao produtor Philippe Zdar ( Cassius, Phoenix, Beastie Boys) permitíronlles explorar novos camiños. Presentándonos este 2018 un son que, aínda con elementos marca da casa, é totalmente diferente ao que fixeron ata agora.

Escrito na costa oeste escocesa, gravado en Londres (estudos RAK) e mesturado en París ( Motorbass Studio). A creación do álbum foi todo un proceso de redescubrimento, que a banda describe:

“We weren’t just writing an LP. We were creating a band. A sound. A universe. We started from zero: no expectations. It was liberating. From zero, we created this new universe to inhabit: nebulous at first, gradually taking form, until it felt like it had always existed.”

“Non só estabamos a escribir un LP. Estabamos a crear unha banda. Un son. Un universo. Empezamos de cero: sen expectativas. Foi liberador. De cero, creamos este novo universo no que habitar: nun principio nebuloso, aos poucos tomando forma, ata que sentimos coma se sempre existise”.

O resultado é un álbum adictivo, raro no bo sentido. É a música que lles apetece, sen deixarse influenciar polas expectativas do público. É un cambio que non resulta drástico. É un LP no que bailar é máis importante que nunca para a banda.

A evolución é evidente, sintetizadores e guitarras conviven en harmonía alternándose o protagonismo nesta viaxe en busca dun son futurista. No que Alex Kapranos reivindícase como un excelente vocalista.

“We are looking for something that allows us to ascend. To become lighter than our physical presence. To ascend from the emotion of every day. To ascend from what we understand. To ascend and know why we are ascending. To not know why we want to ascend. To be always ascending.”

“Estamos a buscar algo que nos permita ascender. Chegar a ser máis lixeiros que a nosa presenza física. Ascender desde a emoción de cada día. Ascender desde o que comprendemos. Ascender e saber porque o facemos. Non saber porque queremos ascender. Sempre estar a ascender.”

No Quinto Beatle declaran “non podemos esperar para escoitar en directo temazos como “ Glimpse of Love”, “ Feel the Love Go” e, como non, a xa eterna “ Always Ascending”. E é que nós tampouco, xa estamos a contar os días para a cita que teñen este verán en Galicia, Ou Son do Camiño.

Actualidade Artistas