O Camiño.

O Camiño de Santiago é unha das rutas de peregrinación máis importantes e antigas de Europa, acollendo ata 300.000 camiñantes anuais.

É sen dúbida unha ruta perfecta para fuxir, física e mentalmente, e para percorrer puntos clave e máxicos que Galicia ten gardada para todos nós.

Se estás a pensar en aproveitar a túa quincena de vacacións dun modo diferente e renovador, estas son as nosas suxestións de peregrinación para os que chegaredes a Compostela dende diversos puntos do mapa. Todos os que arrincades desde Galicia, aquí están os vosos 7 camiños: Camiño Portugués, Camiño Sanabrés, Camiño Francés desde O Cebreiro (Lugo), Camiño Primitivo, Camiño do Norte desde Ribadeo (Lugo), Camiño Inglés e Camiño a Fisterra.

Para aqueles que vides con botas e mochila dende outras comunidades da Península, aquí atoparedes información sobre o Camiño do Norte desde País Vasco, Camiño Francés desde Roncesvalles (Francia) e a Vía da Prata procedente de Andalucía.

Sexa como sexa, esperámoste en Compostela con innumerables opcións, plans e lugares imprescindibles para o peregrino e mochileiro. Un deles Monte do Gozo, apenas a 5 km antes da meta, prazas e rúas de Santiago. Este lugar é o punto no que se divisa por primeira vez no camiño a cidade e catedral, momento de especial felicidade para os viaxeiros, motivo da orixe do topónimo.

Elixe a ruta que máis se adapte á túa chegada a Monte do Gozo e asegúrate de repoñer as túas forzas e adrenalina para dalo todo en O Son do Camiño.

Consulta todas as opcións e itinerarios na nosa páxina oficial.

Actualidade