Peche do cartel, reparto de artistas e últimas entradas á venda

Alégranos poder anunciar que este será o cartel final da primeira edición de O Son do Camiño tras a incorporación de 7 novas bandas.

Ademais, preséntase a repartición por días e infórmase das entradas de días soltos, así que atención!

Entre os grupos que se engaden á programación, teremos pechando un dos días ao produtor e DJ belga Lost Frequencies, un dos artistas máis escoitados do mundo segundo Spotify e YouTube, con éxitos como “ Are You With Me” ou “ Reality”. Residente , o fundador e vocalista da famosos Calle 13, montará unha gran festa para todos nós e presentará o seu álbum debut, o cal gañou o Grammy Latino ao Mellor álbum de rock, urbano e música alternativa.

O holandés Don Diablo será outro dos DJs e produtores de EDM encargados de pechar outra das xornadas, uníndose ao xa anunciado Martin Garrix , e estamos seguros de que grazas a el non pararemos de saltar. Polo seu lado e neste caso desde Brasil, teremos a Republica , unha banda de rock que nos encandeará grazas ao seu último álbum, “Brutal & Beautiful”, producido polo icónico Matt Wallace (Faith Non More, REM, Maroon 5 ou Deftones entre outros).

No nacional, non podía faltar unha das bandas galegas máis queridas do panorama garage-punk, e con un himno como é “Compostela” que soará moi alto no festival. Eles son Terbutalina! Os mallorquinos L.A. tamén se apuntan á cita galega, liderados polo mítico Luis Alberto Segura, e virán a presentar o seu último traballo, “King of Beasts”. Por último e non menos importante, teremos a sorte de vivir o divertido e desvergoñado directo dos madrileños Sexy Zebras, quen nos aseguran un desenfreado concerto no que non faltarán tódolos seus éxitos.

O reparto por días será o seguinte:

Xoves 28 xuño:

The Killers
Franz Ferdinand
Lost Frequencies
Carlos Sadness
Talisco
Triángulo de Amor Bizarro
Republica
Rufus T. Firefly
Sexy Zebras
Agoraphobia
Bala
Ganador Concurso Sonidos Mans

Venres 29 de xuño:

Jamiroquai
Two Door Cinema Club
Don Diablo
Residente
La M.O.D.A.
The Gift
Toundra
L.A.
Malandrómeda
Plya
Furious Monkey House
True Mountains

Sábado 30 de xuño:

Lenny Kravitz
Martin Garrix
Mando Diao
León Benavente
C. Tangana
Novedades Carminha
The Last Internationale
Arce
Morgan
Eladio y Los Seres Queridos
Terbutalina

O próximo mércores 18 ás 10:00 da mañá poñeranse á venda as entradas de cada día ao prezo de 39 € + gastos cada unha.

SÓ EN www.osondocamino.es/entradas e TICKETEA.

Irase informando de tódolos detalles sobre o proceso de compra a vindeira semana, e tamén anunciámosvos xa que sacaremos tódolos datos da nosa acampada para que poidades rematar de organizarvos canto antes.

O Son do Camiño 2018 promete ser histórico, e contamos convosco para facer isto posible!

Vémonos en xuño no Monte do Gozo!

Artistas Comunicados