O CONCURSO SONIDOS MANS DÁ A COÑECER AOS GAÑADORES DA SÚA 2ª EDICIÓN !

THE NIFTYS TOCARÁ EN O SON DO CAMIÑO AO SER UN DOS GAÑADORES DO CONCURSO SONIDOS MANS

The Niftys completa a longa lista de artistas que pasarán por O Monte do Gozo o 28, 29 e 30 de xuño ao proclamarse como un dos gañadores do concurso posto en marcha por Estudios Mans (Sonidos Mans), cuxa finalidade é a promoción de músicos e grupos emprendedores de España e Portugal.

Os grupos gañadores desta segunda edición de Sonidos Mans son os seguintes:

  • O Son do Camiño: The Niftys
  • PortAmérica: Alto Volta
  • Festival de la Luz: The Dawlins
  • O Marisquiño: La Cloaka Sound & J.C.A.
  • ViveNigrán: Inerttes
  • Revenidas: The Dawlins
  • Festival Sin Sal: DOÑA
  • Atlantic Fest: Alto Volta

Quen son The Niftys?

The Niftys foron seleccionados no concurso Sonidos Mans para tocar en O Son do Camiño e compartir cartel con: The Killers, Franz Ferdinand ou Carlos Sadness entre outros, o xoves 8 de xuño en O Monte do Gozo.

Enerxía, potencia, diversión e Rock and Roll caracterizan a The Niftys, a banda procedente de Albacete, formada en 2015, cuxo obxectivo é pasarllo ben e transmitir as súas cancións ao mundo. The Niftys gañou o premio internacional “Music Crowd Challenge” e a batalla de bandas do festival Blues Cazorla, o que lles levo a gravar o seu primeiro traballo “ Stoke The Fire”, un disco de seis temas.

Con este álbum percorreron a península, pasando por festivais como o Sonorama, Blues Cazorla ou o Festival de los Sentidos. Actualmente atópanse preparando o que será o seu segundo álbum de estudo.

O seu directo irresistible estará presente no festival O Son do Camiño, onde poderemos gozar do seu son xenuíno e o seu sutil equilibrio entre o clásico e o moderno.

Estades preparados? Deixámosvos un adianto da súa música!

Artistas