Coñece aos cabezas de cartel de O Son do Camiño

Na súa primeira edición O Son do Camiño bríndanos a oportunidade de escoitar en directo a algúns dos artistas con maior repercusión a nivel mundial.

¿Preparados?

The Killers

Superestrelas internacionais dende o seu primeiro disco, todo o que fan os de Nevada é enorme. Despois de encabezar os festivais de referencia de todo o mundo, unha das bandas de rock máis importantes do século XXI chega por primeira vez a Galicia da man de O son do Camiño.

Lenny Kravitz

A traxectoria de Lenny Kravitz é unha historia de ascenso imparable. A través da súa imaxe extravagante e os seus hits globais converteuse en todo un referente da cultura pop, incontestable cabeza de cartel e capaz de vender 40 millóns de discos.

Jamiroquai

Dende os seus inicios encadeou éxitos en todo o mundo grazas á súa irresistible mestura de ritmos house e soul/funk dos 70. As súas cifras son de vértixe: cinco discos de platino, cinco números un na lista de vendas de UK e 30 millóns de discos vendidos a nivel mundial. Jamiroquai ten gañado un oco entre os máis grandes. 

Martin Garrix

A estrela máis nova da música electrónica dance, o DJ considerado Nº1 en todo o mundo, Martin  Garrix é o novo xenio do EDM. O seu ascenso foi meteórico, tras ser cabeza de cartel nos principais festivais de música electrónica do mundo: Ultra Music Festival, Tomorrowland, EDC México, Coachella, chega por primeira vez a Galicia para facer bailar a O Son do Camiño.

Franz Ferdinand

A banda escocesa por excelencia axudou a definir o son dos anos 2000 coa súa mestura de arty rock, dance e dub condensada en temas inesquecibles como Take me out. Os seus concertos son unha descarga de artillería pesada nos que soltan hit tras hit sen baixar o listón.

Two Door Cinema Club

O trío Irlandés mestura un son electrónico pulido con ganchos de guitarra ao Phoenix e Postal  Service. A súa lexión de fans incondicionais das súas cancións “rompepistas” e o seu pop cristalino, levounos a ser cabeza de cartel nos máis grandes festivais. A cita en O Son do Camiño é a súa estrea en Galicia.

Lost Frecuencies

O seu álbum debut “Less Is More” fascinou a nivel mundial, posicionándoo como un dos talentos máis fortes e de maior proxección na enquisa DJ Mag 2017, a entrada máis forte do ano. O seu inconfundible son Deep House e Tropical House leva dende entón virando por escenarios como Tomorrowland, Coachella e Lollapalooza. Ademáis de colaborar con artistas da talla de Major Lazer ou Justin Bieber entre outros.

Consulta todo o cartel aquí 

Actualidade Artistas