Grazas O Son do Camiño

Grazas por facer de O Son do Camiño a cita musical do ano en Galicia.

A finais do pasado mes de xuño o festival galego achegou ao Monte do Gozo de Santiago de Compostela a artistas de primeira liña do panorama internacional como Lenny Kravitz, The Killers, Jamiroquai ou Martin Garrix e outros nacionais como Novedades Carminha, La M.O.D.A ou Toundra. Sumando un total de 34 actuacións.

O cartel de entradas esgotadas colgouse cada un dos tres días do festival e é que 28.000 almas por xornada vibraron ao ritmo da música. Convertendo a esta cita nun dos eventos máis destacados para un escenario case mitolóxico polo que pasaron lendas do rock como Bruce Springsteen, The Rolling Stones, MUSE ou Bob Dylan.

É por iso que temos que darvos as grazas a todos vós que por facer posible este soño, por bailar, por sorrir, por saltar, por cantar, por brindar, por bicar, por aplaudir e polo voso apoio. Grazas!

Tampouco nos esquecemos dos artistas que o deron todo, os nosos super patrocinadores, os medios e todas as persoas que forman a organización. Sen vós non sería posible. Grazas!

Actualidade