SEIS CONCERTOS DE RECOÑEDIDOS ARTISTAS NAS PRINCIPAIS CIDADES GALEGAS COMPLETAN A PROGRAMACIÓN DE O SON DO CAMIÑO 2018

O cartel intégrano The Hives na Coruña, Miguel Poveda en Ferrol, Pablo López en Lugo, Rodrigo Leão en Ourense, José González en Pontevedra e Mon Laferte en Vigo

Seis concertos de recoñecidos artistas nacionais e internacionais completarán este outono a programación de O Son do Camiño 2018, o festival co que Galicia promove a celebración do Xacobeo 2021. Despois de que o festival tivera lugar en Santiago de Compostela, as novas citas musicais ampliarán o seu alcance ao resto de cidades da Comunidade, situadas en diversos itinerarios xacobeos.

O cartel estará protagonizado por The Hives, na Coruña, e Miguel Poveda, en Ferrol, ambos concellos do Camiño Inglés. En Lugo, cidade pola que discorre o Camiño Primitivo, recalará Pablo López, mentres que en Ourense, na Vía da Prata, actuará Rodrigo Leao. Finalmente, José González pasará por Pontevedra, no Camiño Portugués, e Mon Laferte por Vigo, no Camiño Portugués da Costa, pechando así a programación da primeira edición do evento.

As seis citas terán lugar ao longo dos meses de outubro e novembro, cunha proposta que dá continuidade ao festival, celebrado con gran éxito, pois ao longo de tres xornadas congregou a 84.000 asistentes de 12 países no revitalizado Parque Monte do Gozo. O Son do Camiño promoveu deste xeito a imaxe de Galicia a través dun dos seus principais activos culturais e turísticos, o Camiño de Santiago, e consolidando a oferta de festivais da Comunidade.

As entradas para estes seis concertos, unha aposta pola variedade de estilos, sairán a venta o vindeiro luns na páxina web www.osondocamino.es. A Xunta é o principal patrocinador da cita, que aposta tamén por la descentralización e á desestacionalización, ao enriquecer a programación musical de outono, unha época fora dos principais eventos neste sentido.

As datas e lugares de celebración dos concertos serán as seguintes:

  • 20 de outubro: Rodrigo Leao, Auditorio Municipal de Ourense
  • 23 de outubro: José González, Teatro Afundación de Pontevedra
  • 3 de novembro: Miguel Poveda, Auditorio Municipal de Ferrol
  • 7 de novembro: Mon Laferte, Teatro Afundación de Vigo
  • 10 de novembro: The Hives, Sala Pelícano da Coruña
  • 17 de novembro: Pablo López, Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
Actualidade