O Son do Camiño Iberian Festival Awards

O Son do Camiño finalista en tres categorías dos Iberian Festival Awards

A cuarta edición dos Premios Fest xa ten finalistas. Do número total de candidaturas só dez festivais foron seleccionados en cada categoría en base ao criterio do público e do xurado profesional. Nesta fase final O Son do Camiño opta a tres recoñecementos:

  • Best New Festival / Festival Revelación
  • Best Line-Up / Mellor Cartel
  • Best Live Performance (INT.) / Mellor Directo Internacional: Lenny Kravitz

Os Iberian Festival Awards son o único recoñecemento que premia aos mellores festivais da Península Ibérica, así como aos seus promotores e pezas crave da industria dos festivais de música en España e Portugal.

Esta iniciativa xurdiu hai 4 anos co obxectivo de mellorar as relacións ibéricas, optimizando o crecemento e a efectividade dos lazos entre os dous países.

Esta edición dos Iberian Festival Awards, incluída no Talkfest, alcanzou un record en número de candidaturas e unha maior calidade na información proporcionada polos seus responsables. 

Descubriremos os gañadores desta 4ª edición composta por 22 categorías + 1  excellence award o 13 de marzo no Teatro Afundación (Vigo). 

Actualidade