Cartel O Son do Camiño

O Son do Camiño 2019 xa ten cartel!

Black Eyed Peas, Iggy Pop, David Guetta, Die Antwoord, Rosalía ou Vetusta Morla poñen o ritmo á cita musical do ano en Galicia.

O lugar? 

Xa o coñeces, O Monte do Gozo volve a vestir de gala para a ocasión. 


Para cando tes que pedir as vacacións? 

O 13, 14 e 15 de xuño (como mínimo). 


Pero o realmente importante é o “Quen?” non?, pois prepárate que aquí vai.

En directo viviremos os temazos de Black Eyed Peas, as sesións multitudinarias de David  Guetta, o retorno de Iggy Pop, a única data en España en 2019 de Die Antwoord, unha das poucas actuacións en festivais de Rosalía, os archicoñecidos Bastille, o aclamado debut de Bloc Party Silent Alarm tocado integramente, o líder da mítica banda The Verve Richard  Ashcroft, o mellor rock nacional de Vetusta Morla, o EDM de primeiro nivel de Dimitri Vegas &  Like Mike. (Pausa para recuperar os folgos…) e moitos deles por primeira vez en Galicia.

Pero iso non é todo: o resto do cartel complétao o mellorciño de cada casa. Dá igual se o que che motiva ao 100% é axitar as cadeiras ao ritmo da música urbana coma se o que necesitas é axitar a cabeza co mellor metal… Estás servido! The Hives, W&W, Beret, Ayax e Prok, Graveyard, Royal Republic, Bad Gyal, Second, Varry Brava, ELYELLA, Shinova, Full, Kitai, Molina Molina, Alice Wonder e Cariño. Ademais dunha nutrida representación galega: Iván Ferreiro, Eme Dj, Hard GZ, Igloo, Moderm, Marem Ladson, Baiuca, Familia Caamagno e Ortiga.

Se non es de Santiago non te preocupes. O Son do Camiño contará con dúas opcións para durmir á beira do recinto: unha zona de descanso e un Glamping. Ambas son de pago e estarán dotadas de todos os servizos: duchas, cafetería, consigna, seguridade, puntos de recarga de dispositivos móbiles… A venda activarase nos próximos días.

Importante: Sabemos que a demanda de entradas será alta e queremos que esteas preparado, por iso elaboramos esta guía para que a experiencia de compra sexa o máis satisfactoria posible:

Vémonos no Monte do Gozo!

Abonos á venda o mércores 27 de febreiro ás 12 h. en www.osondocamino.es e www.eventbrite.es

Actualidade