
Entradas O Son do Camiño: todo o que necesitas saber
Os abonos para a gran cita musical do ano en Galicia poñeranse á venda o mércores 27 de febreiro ás 12.00 h. SÓ EN osondocamino.es e www.eventbrite.es a un prezo especial de lanzamento de 49 euros máis gastos de xestión. Unha vez finalizada a cota de entradas a ese prezo, irán pasando por diferentes tramos: 59, 69, 79 e 89€ máis gastos.
Este ano contamos ademais cunha nova modalidade de entrada: ULTREIA (VIP), que da acceso á zona de mesmo nome e inclúe diferentes extras e ten un prezo de 189€ máis gastos de xestión.
A organización de O Son do Camiño lembra a aqueles interesados en asistir ao festival que SÓ AS ENTRADAS ADQUIRIDAS a través das CANLES OFICIAIS osondocamino.es e www.eventbrite.es serán válidas e darán, polo tanto, acceso ao Festival. O Son do Camiño posiciónase rotundamente en contra da revenda e insiste en que as entradas adquiridas en webs de mercado secundario (revenda) poden non ser válidas, estar duplicadas…
O abono non da acceso nin á zona de descanso nin ao Glamping, espazos para os que as entradas se poñerán á venda proximamente.
Tamén haberá entradas dun día, cuxa venda se activará tamén máis adiante, unha vez se dea a coñecer a distribución diaria do cartel.
Outros detalles importantes da nosa política de entradas:
- Só se permitirán 6 entradas por compra.
- Os menores de 12 anos inclusive poden ir gratuitamente ao festival, só necesitarán estar acompañados por un adulto e unha autorización especial que se pode descargar aquí. De 13 inclusive a 16, necesitarán entrada, estar acompañados por un adulto e dita autorización. Con 16 ou 17, non será necesario que teñan acompañante, pero si autorización, dispoñible aquí.
- Persoas con mobilidade reducida: Para máis información escríbenos a mobilidade@osondocamino.es
Vémonos no Monte do Gozo!