o son do camiño sold out

O FESTIVAL O SON DO CAMIÑO ESGOTA OS 25.000 ABONOS DA SÚA SEGUNDA EDICIÓN NUNHA HORA

As entradas diarias poñeranse á venda nos próximos días

A segunda edición de O Son Do Camiño, que terá lugar os próximos 13, 14 e 15 de xuño no Monte Do Gozo de Santiago de Compostela, volveu bater récords históricos na venda de entradas de festivais en toda España.

Ás doce da mañá do día de hoxe abríase a venda dos abonos desta segunda edición a un prezo especial de lanzamento de 49 euros, oferta que apenas duraba un minuto. O interese do público de toda España foi masivo e fixo que os 25.000 abonos dispoñibles se esgotaran nunha hora.

Sentímolo pola xente que non chegou a tempo a comprar as súas entradas: a demanda foi, un ano máis, moi superior ao aforamento á venda. Lembramos, como vimos facendo hai días, que SÓ AS ENTRADAS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DAS CANLES OFICIAIS: www.osondocamino.es,  www.eventbrite.es e www.festicket.com son válidas e darán, por tanto, acceso ao Festival. O Son do Camiño posiciónase rotundamente en contra da revenda e insiste en que as entradas adquiridas en webs de mercado secundario (revenda) poden non ser válidas, estar duplicadas…

O Festival anunciará a súa programación por días e poñerá as entradas para cada un deles á venda proximamente.

Desde a Organización queremos transmitir o noso agradecemento pola confianza que todos aqueles que comprando o seu abono depositaron en nós.

Seguimos traballando para que O Son Do Camiño 2019 sexa a mellor experiencia do ano para todos e cada un dos asistentes.

Actualidade