As nosas iconas do feminismo na música

Debbie Harry

 “How can one be a woman and not be a feminist?”

Non só a líder de Blondie senón tamén a de toda unha revolución. A súa música era subversiva e a súa imaxe desafiante. Ademais de pioneira do punk tamén tamén destacaba pola súa feminidade. Abrazou unha imaxe de persoa dura á vez que sexy e perigosa, mentres dirixía unha banda de homes. Tal foi a reacción do público que o xornalista musical Lester Bangs escribiu unha biografía completa para tentar destruíla.

Patti Smith

“Who would think a Holden Caulfield of a girl would end up fronting a rock ‘n’ roll band?”

Patti Smith desafiou as percepcións da sociedade sobre a feminidade e a forza, desmontando prexuízos como poeta punk andróxina que ademais foi nai. Smith é a madriña do punk, ese xénero de machismo espumoso. Simplemente viviu o feminismo na súa forma artística pura: coma un desafío.

Grimes

“I don’t want to be infantilized because I refuse to be sexualized,”

“I don’t want to be molested at shows or on the street by people who perceive me as an object that exists for their personal satisfaction.”

Grimes opúxose á forma en que foi enmarcada polos medios de comunicación e pola mirada masculina, a forma en que tratan aos seus bailaríns e á forma en que os seus compañeiros trátana, coma se tivese menos coñecementos debido ao seu sexo

“Canto máis tiven que traballar nesta industria, máis me sorprendeu a forma en que se comportan as persoas”

Joan Jett

“Even as a kid, it was so illogical to me. It’s like, what do you mean? That girls can’t master the instruments?”

Aínda que Jett converteuse nunha das estrelas de rock máis famosas de todos os tempos, as mulleres de hoxe en día seguen estando suxeitas ás ansiedades da sociedade cando se trata de ser unha estrela de rock feminina. “É unha verdadeira pena que se unha muller sae ao escenario cun instrumento, é case unha novidade”

Peaches

“I just think people should realize that all women are feminists and there’s no way around that.”

Peaches, tamén coñecida como Merrill Nisker, canta sobre sexo e nunca lle importou que tipo de sexo é, ou con quen. As súas actuacións son espectáculos con brillo, contorsiones e chillidos. Combina o explícito e o implícito nunha broma que non todos na multitude son capaces de entender.

Kurt Cobain

“I like the comfort in knowing that women are the only future in rock and roll.”

Casado con Courtney Love e amigo do ícono feminista e cantante de Bikini Kill,  Kathleen Hanna, Kurt Cobain tamén manifestou as súas propias crenzas feministas. Simpatizou coas mulleres que están “totalmente oprimidas”, chamou ao heavy metal “bastante sexista”, rexeitou a idea dun “home macho” e usou vestidos no escenario para que puidese “ser tan feminino como eu queira”. Nirvana posicionouse contra os seus fans sexistas, racistas ou homófobos, pedindo que abandonen os seus shows e non compren os seus álbums.

Actualidade