Cartel por días

Xa está aquí o cartel por días de O Son do Camiño 2019!

O vindeiro venres 15 de marzo ás 12:00 do mediodía poñeranse á venda as entradas diarias ao prezo de 49€ máis gastos. Todos os detalles sobre o proceso de compra anunciaranse nos próximos días. Así como a información da nosa zona de descanso e glamping.

Estas serán as últimas entradas dispoñibles á venda para O Son do Camiño 2019, tras esgotar en tan só unha hora os 25.000 abonos de fin de semana que se puxeron á venda. 

Unha edición que promete ser outro paso importante no crecemento deste novo pero asentado festival de gran formato tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. Aínda que o público galego terá unha importante presenza en O Son do Camiño 2019 (un 44% dos abonos foron vendidos en Galicia), contaremos cunha ampla presenza estranxeira (un 10% dos abonos foron vendidos en máis de 35 países de América, África, Asia e Europa). O 46% restante vendeuse fóra da nosa Comunidade.

Lembramos que SÓ AS ENTRADAS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DAS CANLES OFICIAIS  osondocamino.es, www.eventbrite.es e Festicket son válidas e darán, por tanto, acceso ao Festival. O Son do Camiño posiciónase rotundamente en contra da revenda e insiste en que as entradas adquiridas en webs de mercado secundario (revenda) poden non ser válidas, estar duplicadas…

Uncategorized @gl