Iberian Festival Awards O Son do Camiño

O SON DO CAMIÑO TRIUNFA NOS IBERIAN FESTIVAL AWARDS

O Son do Camiño erixiuse como un dos protagonistas da cuarta gala de entrega dos Iberian Festival Awards ao resultar gañador nas categorías de Mellor Novo Festival e Mellor Actuación internacional do ano pasado na Península, a do gran Lenny Kravitz.
.
Os Iberian Festival Awards son o único recoñecemento que premia aos mellores festivais da Península Ibérica, así como aos seus promotores e pezas crave da industria dos festivais de música en España e Portugal.
.
Esta iniciativa xurdiu hai 4 anos co obxectivo de mellorar as relacións ibéricas, optimizando o crecemento e a efectividade dos lazos entre os dous países.
.
Esta edición dos Iberian Festival Awards, incluída no Talkfest, alcanzou un record en número de candidaturas e unha maior calidade na información proporcionada polos seus responsables.
Actualidade