Xa aberta a votación do concurso de maquetas Sonidos Mans

O concurso de maquetas de Sonidos Mans ofrece ao talento musical emerxente a ocasión de tocar nalgúns dos principais festivais galegos.

Os gañadores poderán actuar en vivo na presente edición dun dos 8 festivais de Galicia participantes, entre os que se encontra O Son do Camiño.

O proceso de votación xa está aberto. De entre os semifinalistas elixiranse as propostas que chegarán á fase final a través do voto popular. Por último, o xurado designado polos organizadores de cada un dos festivais elixirá a banda que formará parte do seu cartel.

Actualidade