CHEGA A O SON DO CAMIÑO A INICIATIVA #DARALATA EN COLABORACIÓN CON ESTRELLA GALICIA E CADA LATA CUENTA

Estrela Galicia e Cada Lata Cuenta lanzan este ano #daralata, un proxecto que se desenvolverá nos 5 festivais de maior aforo da comunidade e que buscará maximizar a reciclaxe de todos os residuos xerados neste formato, á vez que quere concienciar aos asistentes sobre a importancia de depositar as latas no contedor amarelo. As latas de bebidas son os envases ideais nunha contorna de economía circular porque se poden reciclar de modo indefinido sen perda de calidade e cun gran aforro de enerxía.

O primeiro festival é O Son Do Camiño, auténtico referente do panorama festivalero ao que acoden unhas 90.000 persoas en 3 días. O evento celebrarase do 13 ao 15 de xuño no Monte do Gozo (Santiago) e #daralata dispoñerá os contedores de Cada Lata Conta en diversos puntos co fin de que a xente poida reciclar de maneira fácil as súas latas de bebidas. Ademais, tamén haberá unha serie de voluntarios do programa que portarán as mochilas recolectoras de Cada Lata Cuenta co fin de facilitar o labor á xente achegándose a eles e compartindo tamén a mensaxe da importancia da reciclaxe cando nos atopamos en grandes eventos como este.

Actualidade