Premios Fest O Son do Camiño

O Son do Camiño nomeado a 5 Premios Fest 2019 ¡Abierta votación!

O proceso de votación para a edición 2019 dos Premios Fest xa está aberto. Tócavos!

O Son do Camiño está nomeado a 5 categorías:

Mellor Festival de Gran Formato

Mellor Activación de Marca: Red Bull

Festival Revelación

Maior Aportación Turística á Región

Mellor Campaña de Comunicación

Máis de 170 festivais competirán por facerse co seu premio entre as 12 categorías propostas pola organización para 2019, nunha edición que conseguiu a cifra de inscricións máis elevada ata a data.

Premios Fest é o único recoñecemento en España dedicado aos Festivais de Música. A súa misión consiste en recoñecer, valorar e celebrar o traballo e a creatividade dos profesionais responsables do desenvolvemento dos Festivais de Música que se celebran en España.

O Son do Camiño, na súa primeira edición, fíxose co Premio Fest a Festival Revelación.

Por que O Son do Camiño 2019?

O Son do Camiño 2019 foi a cita musical do ano en Galicia. Un festival que aposta por unha oferta artística de impacto para converterse nun evento ineludible do panorama nacional.

Na súa segunda edición destacaron grandes estrelas internacionais como Black Eyed Peas, Iggy Pop, David Guetta, unha das poucas actuacións en festivais de Rosalía, a única data en España 2019 de Die Antwoord, Bastille ou Vetusta Morla que en moitos casos visitaron Galicia por primeira vez. Artistas galegos emerxentes e de primeira liña protagonizaron un cartel de 37 actuacións que fixo saltar de emoción ao revitalizado Monte do Gozo

En total foron máis de 30 horas de música en directo por parte de artistas de 8 nacionalidades distintas. Dos cales, 6 espectáculos de renome internacional tiveron lugar por primeira vez en Galicia. O festival abriulle as portas a un público diverso composto por visitantes galegos (40,94%), das outras comunidades autónomas españolas (todas representadas sumando un 47,96%) e turistas internacionais (11.1%). Entre os que se atoparon asistentes de 44 países estranxeiros repartidos en 4 continentes. 

Un festival de récord. No seu segundo ano O Son do Camiño bateu a súa anterior marca vendendo todos os seus abonos cunha rapidez nunca vista en España (menos dunha hora) a pesar de aumentar en 5.000 persoas diarias a súa capacidade, sumando un total de 33.000 asistentes por xornada. Pero O Son do Camiño vai máis aló. Esta peregrinación festivalera a Santiago de Compostela puxo a Galicia no mapa do turismo musical, promovendo o talento local a través da contratación de profesionais da industria cultural e creativa da comunidade (máis de 900 postos de traballo xerados) así como promocionar dous dos principais estandartes da cultura galega: o camiño de Santiago e o próximo Ano Santo: o Xacobeo 2021.

E é que O Son do Camiño non se entende sen a súa sinerxia con Santiago de Compostela. Durante os días nos que tivo lugar o festival alcanzouse unha ocupación hostaleira do 100% na cidade e arredores, ademais de xerar un impacto económico estimado entre os 15 e os 16 millóns de euros. Ademais, a repercusión en medios de comunicación supuxo unha importante campaña de promoción exterior da imaxe da cidade e o festival a través de 1.510 noticias que xeraron 579 millóns de contactos. Un impacto valorado en 7,21 millóns de euros.

Todo isto fixo posible que un total de 96,793 asistentes entre as 3 xornadas do festival gozasen dun revitalizado Monte do Gozo que contou con dous grandes escenarios, unha ampla área de restauración para todos os gustos e necesidades e unha acampada multitudinaria na que máis de 4.000 persoas (entradas esgotadas) gozaron de todos os servizos e múltiples opcións (incluída a de glamping). Todo isto, baixo un modelo sustentable e respectuoso coa natureza que garantiu este espectáculo irrepetible.

Premios Fest