O Son do Camiño nomeado a 10 categorías nos Iberian Festival Awards

As categorías ás que o festival está nomeado na súa segunda edición inclúen mellor Festival de Gran Formato, Promoción Turística e Cartel, entre outras
O prazo de votación da quinta edición dos Iberian Festival Awards xa está aberto ao público.
A edición de 2019 foi clave para a consolidación da que xa é a cita musical do ano no noroeste da Península Ibérica grazas a un gran crecemento en termos de aforo e programación artística.
Os 10 nomeamentos nos Iberian Festival Awards son o recoñecemento a unha cita musical capaz de reunir a 33.000 persoas ao día que fixeron posible bater un record en España: vender todos os seus abonos en menos dunha hora.
Así como demostrar un coidado especial en cada unha das pezas que compoñen o festival:
- Festival de gran formato
- Promoción turística
- Cartel
- Directo nacional: Vetusta Morla
- Directo internacional: Iggy Pop
- Estratexia de comunicación e marketing
- Activación de marca
- Infraestrutura
- Fotografía
- Hospedaxe e recepción
Os festivais premiados decidiranse a través de votación popular ou o xurado de expertos
Os Iberian Festival Awards son o único recoñecemento que premia aos mellores festivais da Península Ibérica, así como aos seus promotores e pezas crave da industria dos festivais de música en España e Portugal.
Os gañadores desta 5ª edición, composta por 24 categorías máis un excelence award, coñecerémolos durante o Talkfest – International Music Festivals Forum celebrado do 11 ao 15 de marzo en Lisboa.