Back to the top

entradas

Cartel por días

A venda de entradas diarias activarase o venres 15 de marzo ás 12:00

As entradas diarias poñeranse á venda nos próximos días

O vindeiro venres 15 de marzo ás 12:00 do mediodía poñeranse á venda as entradas para cada un dos días do festival O Son do Camiño 2019. Será un número moi limitado de localidades a un prezo único de 49€ máis gastos, ademais das últimas entradas dispoñibles para esta segunda edición do Festival, que esgotou en tan só unha hora os 25.000 abonos dispoñibles para os tres días. 

Este ano contamos ademais cunha nova modalidade de entrada: ULTREIA (VIP), que da acceso á zona de mesmo nome e inclúe diferentes extras como acceso prioritario, terraza panorámica con diferentes alturas ou descontos en hostalería, entre outros, e ten un prezo de 189€ máis gastos de xestión.

A organización de O Son do Camiño lembra a aqueles interesados en asistir ao festival que SÓ AS ENTRADAS ADQUIRIDAS a través das CANLES OFICIAIS  osondocamino.es, www.eventbrite.es e www.festicket.com serán válidas e darán, polo tanto, acceso ao Festival. O Son do Camiño posiciónase rotundamente en contra da revenda e insiste en que as entradas adquiridas en webs de mercado secundario (revenda) poden non ser válidas, estar duplicadas…

O abono non da acceso nin á zona de descanso nin ao Glamping, espazos para os que as entradas se poñerán á venda proximamente.


Outros detalles importantes da nosa política de entradas:

  • Só se permitirán 6 entradas por compra.
  • Os menores de 12 anos inclusive poden ir gratuitamente ao festival, só necesitarán estar acompañados por un adulto e unha autorización especial que se pode descargar aquí. De 13 inclusive a 16, necesitarán entrada, estar acompañados por un adulto e dita autorización. Con 16 ou 17, non será necesario que teñan acompañante, pero si autorización, dispoñible aquí.
  • Persoas con mobilidade reducida: Para máis información escríbenos a mobilidade@osondocamino.es

Vémonos no Monte do Gozo!