Back to the top

Preguntas frecuentes

COMO CHEGAR

Como fago para chegar a Santiago de Compostela?

Aquí contámosvos sobre as viaxes organizadas desde diferentes puntos de Galicia e España. Ademais, hai numerosas maneiras de chegar a Santiago. Aquí tes toda a información sobre como chegar a Santiago en diferentes vías de transporte (avión, tren, bus…).

Hai unha viaxe organizada dende onde vivo?

Poderalo comprobar ti mesmo na nosa sección de viaxes organizadas.

Non me encaixan as viaxes organizadas, podo compartir coche con alguén?

Si. Tamén haberá moita xente compartindo coche en servizos de carpooling como Blablacar ou  Amovens.

Onde me deixan as viaxes organizadas en Santiago?

As viaxes organizadas terán a súa parada tanto á chegada como á saída en San Lázaro, en Santiago de Compostela. Consulta toda a información sobre como chegar aquí. 

Xa estou en Santiago, como fago para chegar ao recinto? Haberá un servizo especial de autobuses?

Para chegar ao recinto, a mellor opción é facer uso dos buses lanzadeiras que se dispoñerán desde varios puntos da cidade e proximidades, podes consultar toda a información e horarios aquí. Tamén podes usar taxi, pero non recomendamos usar o vehículo propio, xa que as prazas de aparcamento son limitadas.

Hai algún tipo de aparcadoiro habilitado para estacionar vehículos?

Non, debido á falta de sitio, pero haberá aparcadoiro nas proximidades. Aquí podes consultar a información acerca de aparcamentos. Para chegar ao recinto do festival podes consultar toda a información aquí.

Se tes mobilidade reducida, haberá unha zona habilitada para ti.  Enví­a un email a mobilidade@osondocamino.es e darante máis información respecto diso.

ENTRADAS E PULSEIRAS

Onde compro as entradas para o festival?

Os abonos, abono  Ultreia e as entradas para venres e sábado están esgotadas. Quedan algunhas entradas para o xoves na nosa web e eventbrite.

A organización de O Son do Camiño lembra a aqueles interesados en asistir ao festival que SÓ AS ENTRADAS ADQUIRIDAS a través das CANLES OFICIAIS osondocamino.es e eventbrite.es serán válidas e darán, por tanto, acceso ao Festival. O Son do Camiño posiciónase rotundamente en contra da revenda e insiste en que as entradas adquiridas en webs de mercado secundario (revenda) poden non ser válidas, estar duplicadas…

Que fago coa miña entrada? Como obteño a miña pulseira?

Unha vez chegues ao recinto, podes presentar a túa entrada no móbil (se non tes a pantalla rota ou se non é difícil lela por calquera motivo), ou ben traela impresa, aínda que non o recomendamos: pensa no medio ambiente!. Ademais necesitarás o teu DNI ou pasaporte (documento de identidade válido).

Ao presentala, poñeráseche a túa pulseira.

IMPORTANTE: non se entregan en man e non se poden recoller para outra persoa.

Onde e cando podo recoller a miña pulseira?

Haberá dúas zonas de  pulseración: unha por cada entrada do recinto. Nelas poderás cambiar a túa entrada por pulseira neste horario:

  • Mércores:  pulseración 1: de 15 a 22 h.
  • * Xoves, venres e sábado: en  pulseración 1 ou 2:  xoves de 12 a 02:00 h. / venres e sábado de 14 a 02:00 h.

Consulta o noso plano do recinto aquí.

Se tes un abono, podes recoller a túa pulseira calquera día, por exemplo, o venres.

E se estou convidado ou teño unha acreditación de prensa?

Tamén hai unha caseta na zona de taquilla. Lembra levar impresa ou no móbil a túa invitación e a túa documentación.

As invitacións e acreditacións de prensa inclúen acceso á zona de descanso?

Non.

Podo intercambiar a pulseira con alguén?

Non, son intransferibles. Non pode ir unha persoa un día e outra persoa outro, porque a pulseira non se pode quitar nin romper.

Que pasa se rompo a pulseira?

En caso de rotura de pulseira, non se dará outra.

Pódese saír e entrar ao recinto de novo? E coas entradas dun día?

Si, unha vez dispoñas da pulseira poderás facelo sen problema, teñas abono de 3 días ou entrada de 1 día.

ZONA DE DESCANSO e GLAMPING

Onde podo conseguir entradas para as zonas de descanso do festival?

Temos dúas opcións para dormir a carón do recinto. Unha zona de descanso e un Glamping. Ambas son de pago e estarán dotadas de todos os servizos: duchas, cafetería, supermercado, consigna, seguridade, puntos de recarga de dispositivos móbiles…

As entradas atópanse á venda na nosa web. Lembra facer un uso cívico das instalacións, respectar aos teus veciños e tira o lixo nos contedores habilitados para iso.

Se vou ao glamping, que necesito para poder entrar?

Necesitarás o número de reserva e o DNI do titular.

A partir de que día se abre a zona de descanso e o Glamping?

En ambos, dende as 12:00 h do mércores 12 de xuño ata as 20:00 h do domingo 16 de xuño.

Podo acceder á zona de descanso con sillas, mesas ou toldos?

Si, pero has de respectar o espazo dispoñible na túa parcela e non invadir camiños, saídas de emerxencia… Se tes algunha dúbida, diríxete ao persoal da zona de descanso.

Podo entrar coa miña caravana á zona de descanso?

Non, non hai sitio dispoñible para vehículos dentro. Pero podes usar o aparcadoiro indicado na nosa web.

Como fago para descargar as cousas para a zona de descanso?

Recomendamos aparcar en San Lázaro e coller o bus lanzadeira que vos levará ata o punto máis próximo ao recinto para poder ir á zona de descanso con todas as túas pertenzas. O mércores e domingo haberá buses de liña cos seus horarios habituais.

 

Podo levar comida e bebida á zona de descanso?

No área de descanso si está permitida a entrada de comida e líquidos.

Hai algún tipo de supermercado preto para ir a mercar e volver a comer cos meus amigos na zona de descanso?

Estas son algunhas das opcións que podes utilizar:

Podo cargar o meu teléfono móbil na zona de descanso?

Tanto na a zona de descanso como no recinto de concertos dispoñerás dun servizo de baterías portátiles cargadas baixo fianza. Se as devolves en perfecto estado o servizo é gratuíto.

Podo deixar cousas de valor na zona de descanso?

Non o recomendamos. Contaremos con seguridade na entrada pero é mellor non deixar nada de valor.

MISCELÁNEA FESTIVAL

Son menor de idade, podo ir ao festival?

Si, podes ir pero con certas condicións explicadas na política de menores da páxina de entradas. Deberás cubrir un permiso, e ademais, se tes 15 anos ou menos, ter un adulto responsabilizándose de ti. Devandito adulto pode responsabilizarse de máis dun menor. Ten en conta que se vas á zona de descanso, necesitas cumprimentar outro impreso (é o mesmo e está no mesmo ligazón).

Son novato, que necesito levar ao festival?

Os teus documentos, algo de roupa de abrigo e diñeiro ou/e tarxeta. Leva crema solar, posiblemente a necesites, gafas de sol, gorra… Trae o cargador do móbil se non queres estar desconectado ou unha batería recargable.

Uns tapóns ou cascos axudaránche no caso de que o volumen dos concertos sexa demasiado alto para ti ou por se hai veciños molestos á hora de durmir. Se vas á zona de descanso: tenda e acolchado, saco de durmir, provisións…

Tanto no recinto de concertos como na zona de descanso dispoñerás dun servizo de baterías portátiles cargadas baixo fianza. Se as devolves en perfecto estado o servizo é gratuíto.

Cal é o horario de apertura e peche do recinto de concertos?

Podes consultar os horarios aquí.

Como pago dentro do recinto?

A moeda oficial do festival son os Tuents. Estes cómpranse nas taquillas dispoñibles no recinto. Con eles poderase pagar nas barras.

Benefíciache da OFERTA DE COMPRA ANTICIPADA: evita colas e lévate uns Tuents de agasallo.  

Na zona de merchandising e postos de comida pagarase en efectivo.

Nota: os Tuents que non se usen non se devolven. Podense trocar. Consulta condicións en tuenti.es/tuents/

Haberá caixeiro dentro do recinto?

Si, haberá un caixeiro na zona de  foodtrucks. Ademais, tanto nas taquillas coma na zona de  tickets poderás facer pagos con tarxeta. Recomendámoste contar con diñeiro en efectivo antes de subir se non levas tarxeta.

Que podo facer polas mañás antes dos concertos?

Pos ademais de descubrir a máxica Santiago de Compostela ou visitar a impoñente Catedral, tes numerosos restaurantes e bares con comida típica (marisco, polbo, tapas, etc.), bós viños e cervexa.

Un plan ideal para repoñer forzas!

Que facer en Santiago?

Haberá comida e bebida no recinto?

Si, haberá auga potable gratuíta nos baños de obra repartidos polo recinto que estarán sinalizados adecuadamente.

Ademais, en diferentes localizacións do recinto atoparás stands nos que poderás adquirir todo tipo de comida e bebida e que cumpren coa normativa de Sanidade da Xunta de Galicia e de información sobre alérgenos.

Para a túa comodidade, unha vez dentro do recinto poderás entrar e saír as veces que queiras.

Hai comida vexetariana/vegana ou especial sen glute?

Si, hai postos con comida vegana e tamén para celíacos e intolerantes á lactosa. Ademais, contamos con cerveza Estrella Galicia sen glute e 0,0º.

Como funcionan os vasos do festival?

Haberá diferentes tamaños de vasos, cóbranse aparte e non se devolven. Gárdaos entre consumición e consumición, e leva algún de recordo para casa.

Que está prohibido introducir no recinto?

Non se poden introducir:

  • Obxectos cortantes e punzantes, e armas de calquera tipo
  • Cinturóns de balas, cornos, accesorios con pinchos grandes, cadenas grandes, cadeados o accesorios que poidan empregarse como arma
  • Bengalas, petardos ou demais elementos de artificio
  • Palos “selfie” ou trípodes
  • Cámaras profesionais de foto e/ou video
  • Botellas, vidrio, petacas, camelbaks, tapóns de botella
  • Sustancias ilegais
  • Sillas, colchonetas
  • Paraugas
  • Bicicletas, skates ou similares
  • Cascos de moto
  • Lanternas, láseres
  • Instrumentos musicais
  • Animais, excepto cans guía
Que facer en caso de desaloxo?
  1. Localiza a saída de emerxencia máis preto de ti, están sinalizadas están sinalizadas e poderás ubicalas no noso mapa do recinto.
  2. Controla as túas pertenzas.
  3. Fai caso das recomendacións do persoal de seguridade e das pantallas do festival.
  4. Cando abandones o recinto, faino con paciencia e de maneira ordeada, non todos á vez.
Qué debo facer se vexo a alguén intentando roubar ou provocando algún tipo de altercado?

Ponte en contacto coa seguridade do recinto, que estarán uniformados cun distintivo especial.

Teño mobilidade reducida, podo acudir ao evento?

Si, hai unha zona especial para iso. Consulta a súa posición no noso plano. Para máis información envía un email a mobilidade@osondocamino.es.

Podo entrar coa miña cámara de fotos ao recinto?

Poderás en caso de que non sexa unha cámara réflex/profesional ou esteas acreditado para poder usala. Non poderás entrar cunha cámara deste tipo se no cumpres unha das dúas condicións. Cámara dixital ou GoPro, si se permiten.

Onde podo ver os planos do recinto para ubicarme?

No noso mapa oficial.

Necesito axuda médica durante o festival, que fago?

Acude de inmediato á zona de enfermería. Localízaa no noso mapa.

E se perdo algo, a quen lle pregunto?

Na taquilla podedes preguntar polos “obxectos perdidos” (a cargo da policia local). Tamén recomendamos gardar en bo lugar obxectos de valor o documentación e non deixar nada na zona de descanso que sexa susceptible a furto. Se atopas algo, por favor, agradeceríamos que o depositases nesta zona.

É seguro levar mochila no festival?

Recomendamos que cando haxa aglomeracións levedes a mochila por diante para evitar roubos e talladas de mochilas. Se vedes algo sospeitoso ao respecto, avisade a seguridade.

Haberá consigna dentro do recinto?

Non.

Quero mercar merchandising do meu grupo favorito que toca no festival. Podo facelo?

Si, a maioría dos grupos terán merchandising oficial na nosa tenda, pero polo xeral só os días nos que tocan.

Remataron os concertos do festival e teño ganas de troula. A onde vou?

Hai dúas opcións: voltar á zona de descanso ou ir aos bares e pubs de Santiago, que ofrecen esta ata última hora da noite. Segue á xente ou pregunta e descubriralos ou consulta a nosa web.

 

Teño unha dúbida que non está aquí, a quen lle pregunto?

Podes preguntar a través das redes sociais e responderemos o antes posible. Tamén podes preguntarlle aos membros do staff que vexas no recinto, ou mandarnos un email a contacto@osondocamino.es.

Consellos
  • Garda ben sempre os teus obxectos de valor.
  • Respecta aos teus veciños na zona de descanso (non fagas a outros o que non queras que che fagan a ti).
  • Leva roupa cómoda e todo o necesario para disfrutar dun festival.
  • Usa os contedores que hai por todo o recinto e reutiliza os vasos do festival.
  • Respecta aos grupos: se non che gusta un grupo ou a actuación, non os vexas, pero deixa que quen quera velo, poida facelo.

© 2018 O SON DO CAMIÑO.