Back to the top

Prensa

Vimos de abrir o prazo de solicitude de acreditacions para O Son Do Camiño 2018. Estará aberto ata o 17 de xuño. Todos os medios interesados poden presentar a súa solicitude nesta ligazón. Se a túa solicitude é finalmente aceptada, recibirás a confirmación ao cabo dun tempo a través do correo electrónico que nos facilites no formulario.

Para poder acreditarte como medio de comunicación no festival cómpre que expliques a cobertura que levarás a cabo, que achegues publicacións previas ou que xustifiques traballar antes connosco.

Agradecémosche que nos envíes todos os artigos e gravacións que publicases. Terán prioridade os medios que desen unha maior cobertura ao festival durante os meses previos.

A organización facilitará toda a programación do festival cos horarios e as actividades programadas. As acreditacións entregaranse durante días previos ao festival (por determinar) e durante o transcurso do festival, os días 28, 29 e 30 de xuño.

Máis información nas próximas semanas.

Email de contacto: prensa@osondocamino.es

© 2018 O SON DO CAMIÑO.