Back to the top

Arousa

Arousa

A Ría de Arousa, a máis grande das Rías Baixas, está repleta de tranquilos areais nos que refrescarse nun día de verán. A súa gastronomía inclúe un dos mellores mariscos de Europa: as famosas ameixas de Carril. Estes manxares non se entenden sen o viño blanco Albariño, que conta coa súa propia denominación de orixe. A escapada perfecta para os amantes do mar.

Ruta de furanchos

Ruta de furanchos

Son a opción gastronómica máis intrinsecamente galega. Un ambiente sorprendentemente familiar, así coma unhas racións moi abundantes, económicas e deliciosas caracterizan aos furanchos.

Actividades acuáticas na Illa de Arousa

Actividades acuáticas na Illa de Arousa

As augas da Ría de Arousa e o seu microclima fan deste enclave o lugar perfecto para realizar actividades acuáticas. Snorkel, kayak, rafting e submarinismo son algunhas das opcións que ofrece este paraíso.

Degusta Tapas en Sanxenxo

Degusta Tapas en Sanxenxo

Sanxenxo é un clásico enclave turístico que, entre os meses de maio e xuño, celebra o seu concurso anual de tapas. Unha oportunidade perfecta para degustar as ricas especialidades da zona sen gastar demasiado.

Desembarco Pirata no Grove

Desembarco Pirata no Grove

A vila mariñeiro do Grove rememora nesta festa a chegada dos piratas ás súas augas no ano 1798. Celebrada na paradisíaca praia de San Vicente, este evento conta con actividades moi variadas.

Combarro

Combarro

É unha das vilas máis pintorescas de Galicia. Os hórreos do centro histórico de Combarro, nas marxes da ría de Pontevedra, e a súa arquitectura tradicional en pedra transportarante ao pasado.