Back to the top

Norte de Lugo

Norte de Lugo

A Mariña Lucense dálle a benvida á furia do Mar Cantábrico cos seus monumentais cantís e marabillas como a Praia das Catedrais, patrimonio da humanidade. A capital da provincia, Lugo, transfórmase en urbe romana durante as festas do Arde Lucus e coas súas tapas faille honor ao coñecido lema: E para comer…Lugo.

"E para comer... Lugo"

"E para comer... Lugo"

A Praza do Campo é o centro da gastronomía luguesa. Esta área do casco vello de Lugo está poboada por bares nos que tomar un viño e unha tapa que, ademais, está incluida no prezo da consumición.

Arde Lucus

Arde Lucus

Se despois de O Son do Camiño tes ganas de máis festa, o Arde Lucus é a opción ideal. Durante uns días, a cidade regresa aos seus tempos como capital romana. Unha auténtica viaxe ao pasado!

Covas do Rei Cintolo

Covas do Rei Cintolo

Se estás interesado en experiencias diferentes, proba coa espeleoloxía. As Covas do Rei Cintolo, en Mondoñedo, teñen unha estrutura laberíntica e unhas formacións rochosas únicas en Galicia.

Praia das Catedrais

Praia das Catedrais

A Praia das Catedrais, Patrimonio da Humanidade, condensa en si a potencia do Cantábrico e o paso do tempo para dar lugar a un dos monumentos naturais máis impactantes da Península.