Back to the top

Ribeira Sacra

Ribeira Sacra

Os ríos Miño e Sil debuxan impresionantes cañóns ao seu paso na Ribeira Sacra. Nesta zona tamén se produce o viño Amandi, aprezado xa polos emperadores romanos. Paisaxe e enoloxía fúndense nun dos recunchos máis de moda da Galicia interior, candidato a ser recoñecido como Ben de Interés Cultural pola UNESCO.

Viaxe en globo

Viaxe en globo

Podes contemplar a Ribeira Sacra… dende o aire! Se non lle tes medo ás alturas podes desfrutar desta paisaxe en globo aerostático e vivila dende outro punto de vista.

Cañóns do Sil

Cañóns do Sil

Entre Lugo e Ourense, os cañóns do Sil son o corazón da Ribeira Sacra. Esta profunda garganta de rocha, auga e sinuosas curvas non deixa indiferente a quen a contempla.

Rutas enolóxicas

Rutas enolóxicas

Os viños denominación de orixe da Ribeira Sacra son mundialmente coñecidos. Se che interesa algo máis ca unha cata, podes probar as rutas en segway e kayak ou o Viñobús.

De viños por Ourense

De viños por Ourense

Os Viños é a zona de tapeo por excelencia de Ourense. Este enclave do centro histórico énchese nas noites da fin de semana con xente inqueda por cumplir coa tradición: un pincho, un bar.

Festa Maior en Ourense

Festa Maior en Ourense

A Festa Maior de Ourense é o exemplo perfecto de como se vive a verbena en Galicia. Cunha programación que combina os grupos consolidados e as típicas orquestras, é o plan de ocio perfecto.