Back to the top

Vigo, O Morrazo y Baiona

Vigo, O Morrazo e Baiona

Dende todos os puntos o mar abraza unha paisaxe que parece sacada dunha novela. A Ría de Vigo é o seu tesouro e está custodiada por un parque natural no medio do Atlántico: as Illas Cíes, que albergan unha das mellores praias do mundo. Unha vez en terra, os aventureiros namorarán por igual tanto das riquezas que se esconden no Casco Vello da cidade de Vigo como dunha rexión con areais paradisíacos e unha gran historia por descubrir.

Rúa das Ostras

Rúa das Ostras

A archiñecida Rúa das Ostras viguesa fai honor ao seu nome. Nela pódese desfrutar do mellor marisco da cidade olívica, e por suposto, dunhas riquísimas ostras recén abertas.

Cabo Home e Cabo Udra

Cabo Home e Cabo Udra

A ruta que une estes dous cabo, entre Cangas y Bueu, non perde de vista en ningún momento o Parque Nacional das Illas Atlánticas, e condensa as paisaxes máis características do Morrazo. Faros con encanto e praias paradisíacas salpican este recorrido de conto.

Baiona

Baiona

No sur das Rías Baixas atópase un lugar cheo de historia. Unha vila con aroma a mar na que cada día promete ser unha aventura e cada noite de verán parece celebrar a chegada da Carabela Pinta.

Flyboard

Flyboard

flyboard é o máis parecido a voar que podes experimentar, e en Moaña (O Morrazo) tes a oportunidade de facelo. Sen duda é unha actividade que lembrarás toda a vida.

Praias nudistas no Morrazo

Praias nudistas no Morrazo

Na comarca do Morrazo atópanse as mellores praias nudista de Galicia, e unha das mellores do litoral galego en xeral. Unha delas é praia de Barra que conta cunhas espectaculares vistas das Illas Cíes nunha zona con árbores na que o que máis se valora é a tranquilidade.