Ajax y Prok

Os xemelgos Ayax e Adrián forman o dúo granadino que lidera a nova onda de rapeiros nacionais. Caracterízanse por letras moi duras e á vez poéticas, en ocasións cun gran contido social. Rap puro, old-school e sen cortar.

A súa mensaxe calou nun público que en Youtube ascende a máis de medio millón de  subscritores e 250 millóns de plays. Todo grazas a esas letras que como nas míticas Reproches ou Fresas con Nata conseguen tradear a túa alma e facerche reflexionar sobre esta época de mentes dispersas. A base de rap con conciencia gañáronse o respecto de todos. Facendo da denúncia a canción e da revolución arte.

O seu directo é contundente: déixanse ata a última pinga de suor e bágoas.