Bad Gyal

Bad Gyal converteuse nun dos valores á alza do panorama musical internacional. O seu estilo móvese entre o dancehall, o reggaetón e o trap e as súas letras alentan o empoderamento feminino.

A barcelonesa publicou algunhas das cancións máis soadas da nova música urbana española como Fiebre, Jacaranda, Candela ou Internationally. En 2018 vímola publicar a súa segunda mixtape Worldwide Angel.

Como unha moto Bad Gyal arrasa cada vez que se sobe a un escenario. A súa premisa: as cousas claras, sen reviravoltas. E é que durante o seu espectáculo ninguén cuestiona a ninguén durante unha hora e pico: o idioma das cadeiras é universal.