Baiuca

A proposta folktrónica de Baiuca soa a revolución. Cun pé na recuperación de ritmos e instrumentación da música tradicional galega e co outro na música electrónica de actualidade, consegue que tradición e vangarda camiñen da man.

O seu álbum Solpor (2018) converteuse nun dos debuts do ano. Unha innovadora proposta que mira nas raíces tradicionais galegas, transformando o Atlántico no Amazonas e sorprendendo a todo o que a escoita.  

En directo, Baiuca consegue crear a maridaxe definitiva entre o folclore e a música electrónica, facendo que unha  muiñeira mestúrese con bases techno, que unha pandeireta, unha frauta ou unha gaita fúndanse entre as sonoridades dos sintetizadores ou bombos programados. En definitiva: folktrónica con acento galego para non parar de bailar… que ademais pon a BSO ao noso anuncio.