Bastille

O cuarteto de rock alternativo londiniense Bastille consolidouse como un grupo referencia a nivel mundial dende que comezase a súa andaina en 2010. A súa combinación de texturas synth dos oitenta con coros pensados para asolagar estadios nos seus primeiros singles como Pompeii leváronlles a vender millóns de copias do seu álbum debut: Bad blood.

No seu último ano realizou colaboracións con multitude de artistas incluíndo o mega-hit Happier xunto co DJ Marshmellow. En O Son do Camiño presentará o seu novo álbum:  Other People’s Heartache Pt. 4.