Beret

Beret, o sevillano do momento, está a romper todo tipo de barreiras coa súa mestura de pop, rap e reggae. Aos seus 22 anos publicou 3 discos, ten lanzado hits súper adictivos, puxo patas para arriba a escena musical urbana española e está disposto a conseguir todo o que se propón: dobre disco de platino por Lo Siento, 3 Discos de Ouro, Nº1 dos 40 Principales, 3,7 millóns de oíntes mensuais en Spotify…

O talento e a proximidade parecen ser as claves do seu éxito entre o público máis novo. Iso e as súas letras, nas que plasma de forma directa, sinxela e sincera os problemas de toda unha xeración que se identificou coa súa forma de entender a vida.