Bloc Party

Hai 20 anos naceu Bloc Party. Un deses raros fenómenos que xorden da nada para revolucionar a cultura musical de todo un país e do mundo enteiro. Os británicos, moi influenciados por grupos como The Pixies, Sonic Youth y The Cure, son capaces de fusionar indie rock, new wave, pop ou punk coma ninguén.

En 1999 os londinienses deixáronse ver por primeira vez no Reading Festival. Con todo, a súa opera prima tería que esperar ata o 2005, ano en que lanzaron o seu aclamado debut Silent Alarm (e a espera mereceu a pena). Himnos como Banquet asaltaron as listas británicas e americanas empuxados polo favor dunha crítica e un público que non tardou en comparalos con bandas como Blur ou Radiohead. Aínda a día de hoxe Silent Alarm é considerado un dos álbums cruciais no desenvolvemento do indie rock de guitarra da pasada década.

En O Son do Camiño chegarán co seu esperado espectáculo Silent Alarm Tour. Unha homenaxe a ese primeiro álbum que devolve ao seu setlist himnos imprescindibles como  Helicopter,  Like Eating Glass ou (non podía ser doutra forma) This Modern Love.