Cariño

Escoitar por primeira vez as cancións de Cariño chámase frechazo. Este trío madrileño é frescura, desenvoltura e diversión desenfreada a medio camiño entre os Papa Topo máis punk e Aerolíneas Federales. Imposible conter o sorriso.

O seu traballo debut Movidas é un LP de sete cortes que abundan no cinismo, na tolemia, no crebo inesperado, pero ao mesmo tempo na naturalidade, no espertar e nos sentimentos máis inocentes.

Sobre o escenario por momentos transpórtannos inevitablemente á década dos oitenta coas súas melodías sobresalientes que nos desmontan ata as emocións máis entrañables.

CARIÑO son AMOR