Carolina Rubirosa é música sen artificios.

A compositora e cantante é unha das fundadoras da súa banda feminina The Funkles, unha reivindicación da figura musical da muller. Actualmente está centrada na súa carreira en solitario e compón en diferentes idiomas.

A súa última canción, O teu camiñar, é a melodía do Xacobeo 2021, onde dá renda solta á música que leva dentro.

No seu directo destaca o formato acústico. Todo un sopro de aire fresco para o escenario de O Son do Camiño.

Play Video

Carolina Rubiosa