Un dos artistas con maior proxección do panorama musical.

Dous anos fíxose esperar o primeiro traballo en solitario do cantante e compositor Dani Fernández.

Se de algo serviron estes máis de dous anos de preparación do disco é para converter os seus temas nun vehículo para desafogarse e facer terapia. Aprendeu a transformar esa rabia inicial e esas ganas de tirar a toalla en cicatrices sobre as que edificar un bo puñado de temas autobiográficos.

Despois de realizar dúas exitosas xiras por toda España, aterra con forza en O Son do Camiño.

Play Video

Dani Fernández