David Guetta

O produtor de  música electrónica máis cotizado do mundo é unha lenda viva da  música dance. O seu directo, cargado de maxia, encabezou os festivais máis importantes do mundo: Tomorrowland, Coachella ou Miami Ultra Music Festival.

O francés chegará a Santiago de Compostela despois dunha carreira musical envexable: 2 premios Grammy ao mellor remix, número un do DJ Mag Top 100 DJs Poll e colaboracións cos principais artistas do panorama internacional: Rihanna, Bruno Mars, Nicky Minaj, SIA ou Justin Bieber.

O seu recente álbum “7” móstranos un David  Guetta no seu mellor momento.