Die Antwoord

Dende Cidade do Cabo, Sudáfrica, chega o dúo Die Antwoord. O seu nome significa literalmente a resposta, e entréganlla ós seus fans a través da súa particular fusión de hip-hop, música electrónica e música rave.

O seu álbum debut $O$ (2009) sacudiu os cimentos da escena musical non só a través dos videoclips virales de Enter the Ninja e Zef Side, senón que supuxo a popularización internacional do xénero Zef. 8 álbums despois e hits da talla de Baby’s on Fire ou I Fink U Freeky, Die Antwoord seguen sendo esa banda atronadora e igualmente sexy.

Pero sen dúbida, a marca da casa é o seu directo impactante: Yo-Landi hostiga e deixa ao público patas para arriba, Ninja rapea e baila mentres que potentes visuais apoian a súa actuación. O Son do Camiño será a súa única fecha en España en 2019