Dimitri Vegas & Like Mike

Os irmáns belgas Dimitri Vegas & Like Mike catapultaronse ata dominar a escena da música electrónica mundial.

O seu palmarés é indiscutible: numerosos galardóns incluíndo un MTV EMA, encadear primeiro e segundo posto da lista DJ Mag Top 100 DJs os cinco últimos anos e colaboracións con artistas da talla de David Guetta, Lady Gaga, Martin Garrix, Steve Aoki ou Snoop Dogg.

Tras un ano máis que intenso chegan a O Son do Camiño para presentarnos a súa formula do éxito: unha combinación de sesións electrónicas e rap coas que se converteron en dúas das figuras máis prominentes do EDM actual.

Dimitri Vegas & Like Mike