Electric Pyramid

Electric Pyramid atopou a receita para combinar a elegancia do grunge e a decadencia do pop. Son capaces de fusionar a versatilidade de Led Zeppelin, a sutileza de Fleetwood Mac, a autenticidade de Black Rebel Motorcycle Club e o trip de Massive Attack.

carismático cantante e guitarrista Oliver Beach crea sobre o escenario unha comuñón que só a música pode achegar ao mundo. En O Son do Camiño volverán incendiar o escenario como xa fixeron cando compartiron xira coa lendaria banda Queen ou crearon atmosferas máxicas en clubs de rock mítico como Bus Palladium en París ou Troubadour en Londres, onde actualmente teñen unha residencia.

Despois de traballar cos magos de son responsables dos mellores álbums de Muse, Supergrass, Jeff Beck e Bones, Electric Pyramid está a preparar un EP que promete a conquista de Europa e do mundo.

Electric Pyramid

Catalog ref. : 22