ELYELLA

Elyella  Djs son a alma de calquera festival e defínense como o matrimonio perfecto entre o indie e a electrónica. Non hai cartel ou sala que se lles resista desde que en 2009 déranlle ao play.

As mesturas dela e del (un mono moi peculiar) quitan o fala a través dun son baseado nos fundamentos do pop, o rock e a música electrónica. En 2018 vímolos publicar o seu primeiro EP:  Lovers acompañado dun segundo EP de remesturas con colaboracións da talla de Viva Suecia,  Amatria ou David Kano.

Teñen claro como facer un bo espectáculo: “Para empezar, antes hai que crear un  clímax (…) e é entón cando entra un tema que vai crecendo cada vez máis e máis para chegar a unha explosión que é toda unha declaración de intencións do que queremos propoñer en cada festival, unha festa con maiúsculas”.