EME DJ

EME  DJ, é unha das  DJ cunha traxectoria máis recoñecida na escena indie-electro-pop e nas principais pistas de baile de toda España coa súa mestura de disco, indie, beats, dance e house  music.

As súas cancións acumulan centos de miles de reproducións en Spotify. Realizou remixes e producións para artistas como Miss Cafeína, Zahara, Russian Red, Niños Mutantes, Dover, Love  of Lesbian ou Sexy Zebras entre moitos outros.

En O Son do Camiño faranos bailar cos seus sons clubby, mesturando house, pop e electro que irradia luminosidade.