Familia Caamagno

Unha banda fresca e electrizante, desenfadada, pero con estilo, están dispostos a manter e perpetuar as súas raíces italoamericanas a través da súa mestura de garage rock, blues, punk, empanada de polbo e spaguetti bolognesa.

Declarados amantes do formato curto, as cancións excitantes e as gravacións en analóxico (tal e como mandan os canons sixties). A banda volve á carga con Para unha vez que saímos.

Nos seus xa afamados e enérxicos directos, encargarase de cumprir un dos seus consabidos obxectivos fundacionais: corromper e dexenerar á mocidade do século XXI a través do baile e a diversión lasciva do rock’n’roll.

Familia Caamagno