Foals naceron para ser a mellor banda de directo do mundo.

Tras 15 anos de carreira chovéronlles tantos eloxios como etiquetas. Rock matemático, post punk, new rave, rock alternativo… como di o seu líder e vocalista Yannis Philippakis “son só palabras”.

Desde o seu primeiro traballo foron chamados a liderar o novo son das bandas de guitarras británicas. O seu directo é preciso e a súa maquinaria para facer hit tras hit está ben engrasada.

En O Son do Camiño sacarán músculo do seu punto forte: o directo. Non o queres perder!

Play Video

Foals