Graveyard

Graveyard é un cuarteto sueco formado en 2006 que se move polo terreo do mellor hard rock dos 60 e 70. Con claras influencias de grupos como Cream, Leafhound, Black Sabbath ou Rainbow, facturan hard rock con toques de metal, stoner e psicodelia.

Xa viraron con auténticas lendas:  Soundgarden, Iron Maiden, Deep Purple ou Motörhead.

En O Son do Camiño presentarán o seu recentemente editado Peace, disco co que regresan a unhas raíces mais agresivas e que tivo unha gran acollida en Europa.