Un caudal creativo onde flotan emocións e sentimentos.

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena folk galega. Os sons presentes nos seus temas denotan contemporaneidade e sofisticación pop.

En 2009 comeza un proceso evolutivo no que introduce nos seus traballos elementos máis vangardistas como guitarras eléctricas e arranxos musicais.

A cantante define o seu último traballo, Immersion, como unha “reinterpretación da súa propia música” que sentiremos en O Son do Camiño.

Play Video

Guadi Galego