Hard GZ

Hard GZ é o rapero galego con máis tirón no panorama nacional. Aos seus 23 anos abandera o rap máis contundente, desde a independencia radical de modas e utilizando frases comprometidas sobre a loita obreira e a vida na rúa.

Hoxe, vídeos como Conejo Branco, Postureo ou Cae la Noche acumulan millóns de reproducións pero a súa forma de  radiografiar a sociedade coa súa mirada crítica non cambiou nadiña de nada.

En directo a súa proposta sempre é a máis sólida da noite, tanto no lírico como no musical. Bases de gran contundencia acompañan a interpretación dun Hard GZ que goza do seu ruidoso público.