Iggy Pop

Iggy Pop creou o punk dez anos antes de que este nacese, levou un estilo de vida salvaxe e aos seus setenta anos aínda conserva a enerxía dos seus vinte que o fixo lenda sobre os escenarios.

O padriño do punk forxou os cimentos do seu legado á fronte da máquina perfectamente engrasada que eran The  Stooges.

Pero a maior parte da súa carreira asinouna en solitario. Os seus primeiros dous álbums contaron coa colaboración de David Bowie: The Idiot ( RCA, 77) e Lust for life ( RCA, 77) que conformaron unha das alianzas de maior calibre da música e que nos regalou himnos para toda unha xeración como The Passenger ou a homónima Lust for Live.

En directo, Iggy Pop fai xustiza á súa fama de besta do escenario. Co torso espido e pantalóns marca da casa, non para de descargar a súa artillería e dar brincos durante todo o concerto. Cada espectáculo do americano é impredicible.