Igloo

Falar de Igloo é falar de solvencia, saber estar, calidade e elegancia. Tamén perseveranza, loita e sobre todo, capacidade para levantarse e volver empezar.

En O Son do Camiño volven ao grande presentando o seu sexto álbum de estudo: Aquellos Maravillosos Daños. Unha homenaxe a todos os fans que levaron polo aire á banda a través de todos estes anos e que presenta unha banda totalmente madura, en plenitude de facultades e coas ideas moi claras.