INNMIR, produtora e dj valenciana, é unha explosión de cor e enerxía.

Habitual en cabinas de referencia a nivel nacional como Ochoymedio Club, La3, ou a Sala  REM así como en festivais de renome como Bilbao BBK Live, Granada Sound, Low Festival ou Festival Internacional de Benicásim (FIB).

As súas sesións son pura enerxía dominando á perfección a técnica e creando un universo propio capaz de mesturar xéneros como o pop-rock, o indie, a electrónica ou o indie dance.

INNMIR fará da noite de O Son do Camiño un momento máxico e inesquecible. Que empecen a virar os pratos!

Play Video

INNMIR