Iván Ferreiro

Galego, cantante e compositor. Durante os 90 liderou Los Piratas, unha das bandas de rock máis representativas da década. En 2005 inicia a súa carreira en solitario armado de cancións honestas e a súa personalidade inimitable para converterse nunha peza indispensable para comprender a escena indie-rock do noso país.

O seu último disco Cena Recalentada (2018) é unha obra de amor. Unha homenaxe á mítica banda galega Golpes Bajos que atesoura a esencia desas cancións xa clásicas do pop español e adáptaas á actualidade.

En O Son do Camiño viviremos momentos de complicidade a través do repertorio de cancións que converteron ao galego nunha icona da música nacional. Ese que manexa con tanta sabedoría, viaxando a través de distintos ambientes, pero sen baixóns. Facendo de cada concerto unha cita memorable.

Iván Ferreiro