Un trío de guitarras afiadas e ritmos acelerados.

“Adrenalina. Suor. Diversión. Enerxía. Desenfreo. Palabras que evocan o espírito de Kings of the Beach.”

A banda viguesa caracterízase por un son salvaxe, de praia e rápido. Desenvolveron un estilo persoal que bebe do punk rock e desemboca en cancións con letras de noites intensas, surf e moita diversión.

O que máis destaca de Kings of the Beach é o seu directo. Actuacións cada vez máis intensas que se resumen en “Tocar rápido, suar moito”.

Play Video

Kings of the Beach